Marcos Martins – Director de Bordelho Advogados
DESPACHO PROFESIONAL DE AVOGADOS
Somos un despacho de avogados aberto en Ponteareas (Pontevedra) no mes de Setembro do ano 2000 froito da vocación social do seu titular, Marcos Martíns López, na procura dun servizo profesional para persoas, empresas e colectivos que precisan dunha asistencia xurídica específica ou xenérica, xa que abarcamos todas as materias do dereito (civil-penal-laboral e administrativo).
Recentemente, ofrecemos un servizo de MEDIACIÓN, CIVIL e PENAL.
Unha das notas características do despacho é o uso do galego como lingua de comunicación nos asuntos que se levan en Galiza, asi como as reclamacións de colectivos sociais en conflicto coas Administracións Públicas.
Áreas de traballo:
DEREITO PENAL: Acusación e defensa de asuntos penais
DEREITO CIVÍL: Aínda que levamos todo tipo de asuntos civís, temos unha longa experiencia en accidentes de circulación e dereito de familia.
DEREITO LABORAL: Somos un dos poucos despachos de avogados do partido xudicial de Ponteareas que leva asuntos da xurisdicción social: laboral (despidos, reclamación de cantidades, modificación de condicións de traballo, etc.) , Seguridade Social, invalidez, prestacións, etc, …
DEREITO ADMINISTRATIVO: Solicitudes, recursos, reclamacións previas, …
MEDIACIÓN CIVIL E PENAL
A NOSA LOCALIZACIÓN
Rúa Rogelio Groba Groba, nº 21-1ºA, 36860 Ponteareas (Galiza)