O Dereito Laboral, tamén coñecido como Dereito do Traballo ou Dereito Social, chámase a aquela pola do Dereito que estuda os dereitos e obrigas dos traballadores e das traballadoras, xa sexan por conta propia (autónomos) ou por conta allea (dependentes), e as súas relacións coa empresa, cos propios traballadores e cos sindicatos. O Dereito Laboral regula tamén a intervención do Estado en materia laboral.
No ámbito do Dereito Laboral tamén están as normas reguladoras da Seguridade Social: o desemprego, as incapacidades laborais, o Fondo de Garantía Salarial, as xubilacións, etc…
As normas básicas do Dereito Laboral no Estado español son o Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de Outubro; a Lei de Xurisdiccion Social (Lei 36/2001, do día 10 de Outubro) que regula o procedemento xudicial en materia laboral e a Lei Xeral da Seguridade Social (Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro).
AREAS DO DEREITO LABORAL
RECLAMACIÓNS ANTE SMAC, RECLAMACIÓNS PREVIAS, DEMANDAS, CANTIDADES, DESPIDO, EXTINCIÓN DE CONTRATO, INVALIDEZ, ACCIDENTES LABORAIS, MODIFICACIÓN CONDICIÓNS TRABALLO, DEREITOS FUNDAMENTAIS, CONFLICTOS COLECTIVOS, CONVENIOS COLECTIVOS, PRESTACIÓNS, PENSIÓNS, SINDICAL, MOVILIDADE XEOGRÁFICA, SANCIÓNS, CLASIFICACIÓNS PROFESIONAIS, VACACIÓNS, MATERIA ELECTORAL, RECURSOS, EXECUCIÓNS, FONDO DE GARANTIA SALARIAL, RECLAMACIÓNS AO ESTADO, RECLAMACIÓNS SEGUROS
Contacta con nós