O Dereito Civil, tamén coñecido como Dereito Privado, chámase a aquela pola do Dereito que estuda á persoa: a súa natureza xurídca, a súa vinculación a un grupo (Familia, Comunidade ou Rexión, Nación, Estado, Comunidade Internacional, etc.) a súa capacidade xurídica para obrigarse e a súa capacidade de obrar; así como as relacións das persoas entre si, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, establecendo os dereitos e as obrigas, duns e outras, no ámbito das súas relacións privadas ou particulares.
A norma básica do Dereito Civil de Galiza é a Lei 2/2006, de 14 de Xuño, emanada do Parlamento de Galiza e que prevalece frente a norma básica do Dereito Civil español.
No párrafo primeiro da Lei de Dereito Civil de Galiza defínese o Dereito Civil do seguinte xeito:
«O dereito civil de Galicia é unha creación xenuína do pobo galego. Como dereito regulador de relacións entre suxeitos privados, xorde ao longo dos séculos na medida en que a súa necesidade se fai patente, fronte a un dereito que, por ser común, negaba as nosas peculiaridades xurídicas emanadas do máis fondo sentir do noso pobo. É por iso un froito da realidade social e, como tal, cambiante ao longo do tempo, de xeito que mentres unhas institucións perden vixencia aparecen outras que tratan de se acomodar á nova situación. Esta tensión entre a realidade e a supervivencia de formas xurídicas que van sendo superadas foi dando, así mesmo, novo sentido a novas institucións, xa que poucas veces se poderá atopar unha relación funcional tan estreita entre esas necesidades que as institucións xurídicas tentan acadar e as realidades de cada momento histórico.”
A norma básica que complementa ao Dereito Civil de Galiza é o Código Civil, aprobado polo Real Decreto de 24 de Xullo de 1889 e promulgado polo Ministerio de Gracia e Xustiza.
Existen moitas outras normas que regulan o dereito privado, xa sexa máis ou menos especiais, en función da materia de que se trate.
DEREITO DE FAMÍLIA
DIVORCIOS, SEPARACIÓNS, NULIDADES MATRIMONIAIS, MEDIDAS SOBRE FILL@S COMÙNS, LIQUIDACIÓN SOCIEDADE DE GANANCIAIS, LIQUIDACIÓN DE CONDOMINIOS, PATERNIDADE, FILIACIÓN, ALIMENTOS, SUCESIÓNS, DIVISIÓN DE HERDANZAS E PATRIMONIOS, ADXUDICACIÓNS DE HERDANZAS, NULIDADE DE TESTAMENTOS, ADOPCIÓNS, INCAPACITACIÓNS, TUTELAS, CURATELAS, GARDAS DE MENORES, DECLARACIÓN DE AUSENCIA
RESPONSABILIDADES CIVÍS
ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN, SEGUROS, RESPONSABILIDADE PROFESIONAL, RESPONSABILIDADE CONTRACTUAL, RESPONSABILIDADE EXTRACONTRACTUAL, RESPONSABILIDADE EX DELITO, RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL, ACCIDENTES LABORAIS
DEREITO DE PROPIEDADE
PROPIEDADE, COMUNIDADE DE BENS, COMUNIDADES ESPECIAIS, PROPIEDADE INTELECTUAL, PROPIEDADE INDUSTRIAL, POSESIÓN, USUFRUCTOS, SERVIDUMES
OBRIGAS E CONTRATOS
CONTRATOS, COMPRA – VENDA, ARRENDAMENTOS RÚSTICOS, ARRENDAMENTOS URBANOS, PRECARIOS, EMPRÉSTITOS
DEREITO CIVIL DE GALIZA
DESAMPARO E TUTELA, GARDA ADMINISTRATIVA, ACOLLEMENTO FAMILIAR, ACOLLEMENTO RESIDENCIAL, ADOPCIÓN, AUTOTUTELA, AUSENCIA NO DECLARADA, DA CASA E DA VECIÑA, MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN, MONTES ABERTAIS, COMUNIDADE EN MATERIA DE AUGAS, MUIÑOS DE HERDEIROS, AGRAS E VILARES, RELACIÓNS DE VECIÑANZA, SERVINTÍAS, SERVIDUMES DE PASO, RETRACTO DA GRACIOSA, ARRENDAMENTOS RÚSTICOS, ARRENDAMENTO DE LUGAR ACASARADO, APARCERÍAS, VITALICIOS, COMPAÑÍA FAMILIAR GALEGA, REXIME ECONÓMICO FAMILIAR, CAPITULACIÓNS MATRIMONIAIS, DOAZÓNS POR MATRIMONIO, SUCESIÓNS, TESTAMENTO, PACTOS SUCESORIOS, MELLORA, APORTACIÓN, USUFRUCTO, LEXÍTIMAS, DESHEREDACIÓN , PARTICIÓN
Contacta con nós