DÚAS SENTEZAS QUE FAN XUSTIZA AOS CONSUMIDORES
NULIDADE DA CLÁUSULA DE CHAN:
O pasado día 21 de Decembro de 2016 o Tribunal Europeo de Xustiza, dictou a sentenza que moitos avogados e consumidores estábamos agardando: as cláusulas que limitan a variabilidade dos xuros nos préstamos con tipo de xuro variable ou o que é o mesmo, as clásulas de chan (coñecidas en castellano como “cláusulas suelo”) son nulas e polo tanto, deben terse por non postas desde o momento da súa sinatura, retroraéndose os seus efectos até ese momento, o que significa que os bancos ou caixas de aforros, ou entidades financieiras que estableceran este tipo de cláusulas de chan, teñen que devolver todo o diñeiro cobrado de máis, así como os xuros correspondentes de ese diñeiro.
Desde que se dictou esta resolución do alto tribunal europeo, desde este despacho, xa comezamos a remitir as correspondentes cartas ás entidades financieiras para que aos nosos clientes poidan beneficiarse de esta sentenza, en concreto solicitamos que declaren nula a cláusula de cha e devolvan o diñeiro pagado de máis e os xuros que correspondan. De non ter un pronunciamento favorable por parte da Banca, o seguinte paso son as demandas xudiciais.
Se ti estás afectado por este tipo de cláusula abusiva, ben porque siguen aplicando esta cláusula ou ben porque non ten devolven o diñeiro, tes que saber que podes reclamar, neste caso con importantes garantías.
Desde BORDELHO ADVOGADOS, comprometémonos a estudiar o teu caso de forma particular e si estás afectado, si así o queres, levaremos a cabo tódos os trámites necesarios para que anulen esta cláusula e recuperes o teu diñeiro, comprometéndonos tamén a non cobrar si os resultados non son positivos.
NULIDADE DA CLÁUSULA DE GASTOS DE HIPOTECA:
Na mesma liña que a anterior sentenza, a de protexer aos consumidores frente ás entidades financieiras, dictouse a sentenza do Tribunal Supremo 705/2015, do día 23 de Decembro, neste caso, o alto tribunal español, declara abusiva a cláusula no que o BBVA impón ao prestatario consumidor o pago de todos os gastos, tributos e comisións do préstamo hipotecario, e declara nula dita cláusula, condenando ao banco a devolver o diñeiro ao demandante.
¿De qué gastos de hipoteca estamos hablando?
- Da factura do Rexistro da Propiedade para a inscripción da hipoteca.
- Da factura da notaría correspondente á Escritura de Préstamo Hipotecario.
- Do Imposto de Actos Xurídicos Documentados e Transmisións Patrimoniais ao que se atope suxeita a escritura do préstamo hipotecario.
- Dos gastos de xestoría (sempre que a súa intervención fora imposta polo banco).
- Da factura de taxación do inmoble.
Si estás interesado en saber cal é a túa situación e si podes reclamar a devolución de estos gastos, en BORDELHO ADVOGADOS, comprometémonos a estudiar o teu caso sen coste algún e si así o decides iniciaremos os trámites correspondentes para que te devolvan ese diñeiro e os xuros correspondentes.
CONTACTA CON NOS