A web BORDELHO ADVOGADOS, ten como finalidade dar información a toda aquela persoa interesada no traballo que se realiza no noso Despacho (Bordelho Advogados – Marcos Martíns López), dando a coñecer as áreas de traballo, formas de contacto, e calquera outra información que poidera resultar de utilidade.
O responsable da web BORDELHO ADVOGADOS é MARCOS MARTÍNS LÓPEZ, titular do Despacho, con enderezo na rúa Rogelio Groba Groba, número 21-1ºA, Ponteareas (Galiza).
En calquera caso, toda a información suministrada nesta web non supón fonte de asesoramento xurídico algún nin forma de establecemento de relación cliente-avogado. Todo asesoramento dado por BORDELHO ADVOGADOS – MARCOS MARTÍNS LÓPEZ, realizarase sempre, no ámbito privado e personalísimo, atendendo aos criterios relativos á protección de datos e intimidade, e previo contrato, polo que, ningunha persoa pode considerarse asesorada pola simple lectura da información recollida nesta web.
Este Despacho (Bordelho Advogados – Marcos Martíns López) non se fai responsable dos danos e perxuízos, de calquera natureza, que poidera ocasinar a leitura da web, nin tampouco do erros ou omisións nos contidos, nin da falta de dispoñibilidade da web ou a trasmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos. Tampouco se fai responsable da información contida nos enlaces e hipertextos que, no seu caso, se poidan facilitar deste este sitio web, todavez que non pertencen, nin se atopan baixo o control do Despacho.
MARCOS MARTÍNS LÓPEZ é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual da súa páxina web, así como dos elementos contidos no mesmo. MARCOS MARTÍNS LÓPEZ resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas na súa web, poidendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados nela.
A utilización desta páxina web implica a adhesión por parte do usuario a todo o disposto neste aviso legal na versión existente na data de acceso a esta.
En caso de se precisare calquera aclaración, información ou suxerencia pode dirixirse a: BORDELHO ADVOGADOS – MARCOS MARTÍNS LÓPEZ, rúa Rogelio Groba Groba, número 21-1ºA, Ponteareas 36860 (GALIZA)